La Xunta destaca los 16 expositores de artesanía gallega en la 63ª Feria del Vino de Ribeiro

Feria Galega de Artesáns en Ribadavia

Ribadavia (Ourense), 2 de maio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitaron esta mañá en Ribadavia a Feira Galega de Artesáns, que arrancou onte e se prolongará deica mañá. Esta feira está enmarcada na colaboración autonómica coa Asociación Galega de Artesáns (AGA) e se celebra canda a 63ª Feira do Viño do Ribeiro. En compañía do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e do alcalde ribadaviense, César Fernández, González celebrou a simbiose entre a mostra artesanal e a vitivinícola, destacando a importancia de ambos eidos estratéxicos tanto para Ribadavia como para a súa comarca. O conselleiro subliñou a presenza de 16 expositores de Artesanía de Galicia das catro provincias, así como os obradoiros, cursos e a tenda efémera impulsada pola Xunta ao abeiro do proxecto de dinamización Vilas Vivas, que arrancou nesta contorna de xeito piloto.

A feira, impulsada por AGA co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, desprega na Praza Maior de Ribadavia os postos dos obradoiros Troula Instrumentos (Ribadavia), especializados en instrumentos de percusión; Moura (Maceda), con traxes tradicionais; Enxógate (Quiroga), de xoguetes; María Monsalve (Monterroso) e El Taller muy secreto (A Coruña), ambos de bonequería; Roberto Buchanan (Poio), de ourivería; Zimzelatum (Gondomar), que se dedica a metalistaría; Jorge Eiroa (Culleredo), especializado en forxa; Ana Belén Jarrín (Oia), en arranxos florais; Liño e Lá (Gondomar), de complementos téxtiles; Hana No Boshi (Pontedeume), de sombreirería; e Montse Betanzos (O Grove) e Silvereira (Ames), ambos de bixutaria. Ademais, Marearte (Lalín), Vacatola (Ferrol) e Dona Formiguinha (A Estrada) dedicáronse á marroquinería.

Na Praza de San Xoán, a Xunta impulsa talleres gratuítos para o público adulto e infantil, impartidos polos artesáns María José Martínez e José Carrera, do obradoiro Peixesapop (Vigo). En paralelo, na Casa da Artesanía de Galicia organízanse cursos de formación para adultos, impartidos por Madejas Tejerlo (Ribadavia). Na rúa Banda A Lira, no número 1, ten lugar unha tenda efémera que alberga tres obradoiros de Artesanía de Galicia: Coiro Tres Pés (Pontevedra), especializado en coiro e gañador do Premio Artesanía de Galicia 2025 por unha peza colaborativa co ceramista Alberto Lista; Pal.lium (Cangas), especializado en tecido manual; e Susana Anta (A Coruña), ceramista.

Vilas Vivas

O conselleiro de Emprego enmarcou este evento efémero no proxecto de dinamización Vilas Vivas, que comezou como piloto en Ribadavia co obxectivo de recuperar o comercio de cascos históricos singulares, cun potencial turístico e cunha produción local senlleira, actuando como motor económico a través da rehabilitación de baixos en desuso e da súa posta a disposición de comerciantes e artesáns. Neste momento, están a avanzar na reforma dos locais, co fin de abrir 15 establecementos distribuídos polas rúas e prazas do casco histórico.

Entre os que xa están en funcionamento atópase a Casa da Artesanía de Galicia, un espazo permanente que valora os oficios e a comercialización de produtos artesanais, reforzando o sector como piar da contorna. Estas instalacións, segundo González, integraranse á perfección na oferta da feira de AGA, que rematará mañá, sumándose ás que xa tiveran lugar en Ferrol, Padrón e San Sadurniño. Do total de 12 previstas co apoio da Xunta, neste mes de maio celebraranse en Oroso (9 e 10 de maio, coincidindo coa Festa da Troita de Sigüeiro) e A Estrada (17 de maio, pola Festa do Salmón). Tamén están confirmadas en Ribadeo, Foz, Ribeira e Ponteareas.

Compromiso coa artesanía

González reafirmou a artesanía como sector prioritario para a Xunta, destacando que é fonte de emprego e emprendemento ligado ao territorio. A través da Fundación Artesanía de Galicia e da marca Artesanía de Galicia, e no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, mencionou programas como Aprender da tradición, enfocado na formación en oficios tradicionais para incorporar novos talentos e mellorar a capacitación dos profesionais; Artesanía na escola, centrado na concienciación das novas xeracións; ou a nova liña de apoios para a formación de aprendices en oficios artesanais, que estará dotada neste 2026 con 1.000.000 €. A maiores, sinalou que se seguirán consolidando iniciativas como Artesanía no prato, que potencia a simbiose entre artesanía e gastronomía.

FUENTE

Constanza Sánchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *