López Campos resalta la Festa da Filloa de Muimenta como una muestra de nuestra cultura y
Cospeito (Lugo), 1 de maio de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, achegaronse hoxe á XXXV Festa da Filloa de Muimenta, en Lugo. Durante o seu discurso, o titular de Cultura destacou a colaboración da Xunta con esta cita gastronómica, “porque é unha mostra da nosa cultura, da nosa identidade e da capacidade de dinamización do rural ao redor dun produto que forma parte da nosa tradición”.
Importancia da festa e do rural
O representante do Goberno galego lembrou que se trata dunha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que, como indicou, “ademais de ser un reclamo para os visitantes, tamén representa a unión da veciñanza e a colaboración entre o pobo para exaltar outras riquezas culinarias que dan conta da nosa Galicia Calidade”. Mencionou, entre outras, a presenza da Festa da Enfariñada de Trabada e a dedicada á Degustación do Requeixón de Vilamartín Pequeno, en Barreiros, así como a Feira do Viño de Amandi, de Sober, e a Festa do Queixo e Pan de Ousá, de Friol.
Premios e exposicións
Aproveitando a súa presenza na celebración, López Campos entregou un dos premios do concurso de relato e debuxo «Festa da Filloa», convocado entre os centros educativos. Este concurso forma parte dun programa que tamén inclúe unha exposición de artesanía e produtos de calidade, obradoiros e actuacións musicais.
